Rumiando sobre... KPIs: usas indicadores adaptados ao teu negocio?

    Rumiando sobre... KPIs: usas indicadores adaptados ao teu negocio?

    Rumiando sobre... KPIs que sirvan para algo

    Empezamos o Rumiando sobre..., a serie na que pensamos en voz alta sobre o que nos atopamos traballando con datos, procesos e intelixencia artificial.

    Neste episodio dämmoslle voltas a unha pregunta un pouco incómoda:

    Usas KPIs adaptados ao teu negocio ou os que viches nun modelo?

    O problema nunca será medir pouco, é medir o doutros

    Case todo o mundo mide algo. O problema é que moitos cadros de mando están cheos de indicadores herdados: os que traía a ferramenta, os que usaba a empresa anterior ou os que aparecen en todos os artigos do sector.

    O resultado adoita ser un panel moi completo, cun montón de gráficos e números, que ninguén mira porque ningunha desas cifras cambia o que vas facer mañá.

    E ter máis datos non significa necesariamente entender mellor o que está a pasar.

    Un KPI útil responde a unha decisión

    Nós moitas veces utilizamos un filtro bastante sinxelo:

    Se esta cifra sobe ou baixa, alguén fai algo distinto?

    Se a resposta é non, probablemente non sexa un KPI.

    Por iso intentamos traballar ao revés: empezar polas decisións que necesita tomar o negocio e despois buscar os datos que axudan a tomalas.

    Algunhas ideas que intentamos aplicar:

    • Empeza pola decisión, non polo dato dispoñible. Que unha ferramenta poida medir algo non significa que necesites medilo.
    • Pocos e claros. É mellor un puñado de indicadores que todo o mundo entende que trinta que ninguén sabe explicar.
    • Con contexto. Un número aillado, sen obxectivo, histórico ou comparación, conta bastante pouco.
    • Revísalos cada certo tempo. O negocio cambia, as preguntas cambian e os indicadores deberían facelo tamén.

    É a mesma idea que contamos no noso handbook sobre como traballamos: medir para decidir, non para encher un informe.

    E conéctase directamente co que comentabamos en Rumiando sobre... automatización de procesos: igual que non conveñen automatizar o que non entendes, tampouco conveñen medir o que non vas utilizar.

    No noso propio proxecto tamén eliximos como medimos o éxito, combinando sustentabilidade económica e calidade de vida. Podes seguir as conversas en todos os episodios de Rumiando.