A IA, os axentes e as novas interfaces para relacionarnos cos datos avanzan tan rápido que xa non nos custa imaxinar que lle preguntemos a WhatsApp que está pasando no noso negocio, nos responda ao momento ou mesmo nos avise antes de que preguntemos.
Pero seguimos rumiando unha cousa: conversar cos datos será suficiente para deixar atrás os dashboards?
Non é a primeira vez que lle damos voltas. Neste episodio de La Hora de Datola falamos con máis calma sobre o futuro dos dashboards. En tempos de IA uns meses son molto longos, mais moitas das preguntas seguen enriba da mesa.
Do dashboard que espera ao dato que vén buscarte
Brais resumíao ao compartir o vídeo: do dashboard que espera a que entres ao dato que vén buscarte.
Cada vez vemos máis posibilidades de que WhatsApp se converta nunha das interfaces importantes do noso negocio: para preguntar, conversar cos datos ou saber algo antes mesmo de ir buscalo.
A pregunta xa non é só onde vemos os datos, senón como chegan á persoa que ten que decidir. Conversar pode abrir novas portas; tamén nos toca coidar o contexto e o criterio cos que interpretamos cada resposta.



