Estreámonos como patrocinadores

    Estreámonos como patrocinadores

    En outubro de 2026 estreámonos como patrocinadores de ConIA Digital e MeasureCamp Madrid. Fainos especial ilusión dar este paso e achegar o noso gran de area para que estes encontros sigan celebrándose.

    Sabemos de primeira man o que custa sacar adiante un evento: coordinar persoas, coidar os detalles e dedicar moitas horas antes de que empece a primeira conversa. Apoiar a quen o fai posible é unha forma de devolver á comunidade un pouquiño de todo o que nos dá.

    E tamén preparamos algún que outro detalle para a ocasión. As nosas vacas non podían faltar.

    Oxalá as cousas nos sigan indo ben e poidamos seguir apoiando, ano tras ano, iniciativas que nos permitan facer comunidade e compartir.

    1 / 3