Would you like to view this site in English?

    Como medimos o éxito

    Escrito por &

    Para nós, o éxito non son números nun Excel, pero tampouco nos imos enganar: a pasta importa. Sen ingresos non hai negocio, non hai liberdade e sen negocio tampouco hai cambios.

    O económico

    A curto prazo, queremos xerar o suficiente para:

    • Validar que isto funciona
    • Pagar as facturas
    • Vivir mellor

    En dous anos, o noso obxectivo é ter un salario similar ao que teríamos por conta allea, pero sen obsesionarnos tampouco nin cos tempos nin cos cartos. Ao final, a clave é poñelo en balanza xunto ás outras métricas.

    A ambición é comedida: queremos vivir mellor que por conta allea. Máis liberdade, máis flexibilidade, máis diversión e, por que non, mellores salarios.

    O que non cabe nun Excel

    O éxito non remata nos números. Para nós tamén significa:

    • Poder elixir con quen e en que traballar.
    • Sentir que o que facemos nos motiva e nos ilusiona.
    • Manter a liberdade para experimentar e aprender.
    • Non perder a amistade nin as ganas de falar do futuro.
    • Crear unha contorna onde a xente queira colaborar con nós.
    • Onde a nosa familia estea orgullosa e presente no camiño.

    En definitiva, ter un negocio sostible e rendible que nos dea liberdade, nos faga felices e nos permita vivir mellor que por conta allea. Queremos vivir o presente, estar orgullosos do pasado e mirar ao futuro coa ilusión dun neno.

    Escrito por &

    Última actualización: 17 agosto 2026