Arrancamos Rumiando sobre..., a nosa serie de vídeos curtos na que lle damo voltas en voz alta ás cousas que nos atopamos no noso día a día traballando con datos, procesos e intelixencia artificial.
En primeiro episodio falamos de automatización de procesos e dunha pregunta que aparece sempre:
O que é o máis difícil: identificar o que se pode automatizar, entendelo ou executar a automatización?
Para nós, o máis difícil case nunca é a ferramenta ou a tecnoloxía, senón entender ben o que se quere automatizar.
Cando un proceso está ben entendido, a parte técnica adoita ser a máis curta. Cando non o está, automatizalo só serve para ir máis rápido cara ao sitio equivocado.
Antes de automatizar, hai que saber que paga a pena automatizar
Normalmente hai un paso previo: identificar que paga a pena automatizar.
A resposta fácil é o que doe: as tarefas repetitivas, as que se fan a man cada semana ou as que ninguén quere facer.
Mais a dor non sempre está onde parece.
Ás veces esa tarefa repetitiva é só a punta dun proceso mal deseñado. E o que toca non é automatizala, senón simplificala ou directamente eliminala.
Esta idea está moi relacionada coa nosa forma de entender a intelixencia artificial: comezar polo problema e utilizar a tecnoloxía cando realmente achega valor, non simplemente porque estea dispoñible.
Como o abordamos nós
- Escoitar antes de propoñer. Quen fai a tarefa cada día sabe onde está o nó.
- Deseñar o proceso tal e como é, non como debería ser. Alí aparecen os pasos que sobran.
- Medir o custo real. Cantas veces pasa, canto tempo se vai e que erros xera.
- Automatizar pouco e cedo. E revisar se de verdade quitou traballo.
Ao final, automatizar non consiste en meter intelixencia artificial ou unha ferramenta nova en todos os procesos. Trátase de entender onde podemos eliminar traballo que non achega valor e utilizar a tecnoloxía cando realmente nos axuda a facelo.
É a mesma filosofía que aplicamos no noso acompañamento a equipos: entender primeiro o contexto, compartir criterio e construír solucións que teñan sentido máis alá da ferramenta.
Seguiremos rumiando 🐮



