Would you like to view this site in English?

    a nosa crónica

    Así vivimos o Pont-Up Store 2026

    11–12 setembro 2026Pontevedra · España

    Dous días rumiando no Pont-Up Store

    Fomos ao Pont-Up Store con moita ilusión e volvimos con máis da que levabamos.

    Pasamos dous días en Pontevedra co noso propio stand, contando e ensinando como axudamos a empresas e organizacións a poñer orde nos seus datos, quitarse tarefas repetitivas de enriba e aplicar a intelixencia artificial onde de verdade achega.

    Unha ITV para o teu negocio

    Para non quedarmos só en contar o que facemos, levamos a nosa propia ITV do negocio: unha revisión rápida para detectar que pode estar a frenar o uso dos teus datos, os teus procesos e o uso que fas da intelixencia artificial.

    Durante os dous días, quen se achegou ao stand puido pasar a súa propia ITV, responder unhas poucas preguntas e levar unha recomendación concreta para mellorar o seu negocio.

    Foi tamén unha boa escusa para falar con moreas de persoas, coñecer negocios muito diferentes e descubrir problemas que non imaxináramos antes de chegar.

    E dous premios que non agardabamos

    Saímos do Pont-Up Store con dous recoñecementos:

    • 🏆 Mellor proxecto do Pont-Up Store 2026
    • 🏆 Mellor emprendemento en TIC e novas tecnoloxías

    Recibímolos como un impulso para seguir construíndo polo mesmo camiño: traballar desde a proximidade e o acompañamento, entender antes de propoñer e tentar ser útiles desde o primeiro día.

    Unha forma de traballar na que buscamos compartir coñecemento e construír autonomía, para que o que facemos non quede nunha ferramenta ou unha solución puntual, senón que tamén axude aos equipos a entender mellor os seus datos, procesos e decisións.

    Grazas a toda a organización por facer posible algo así, a quen vos achegasteis ao stand e a quen nos deixasteis preguntas, ideas e problemas que aínda seguimos rumiando. 🐮

    Tamén saímos nos medios

    Os dous recoñecementos tiveron tamén o seu pequeno eco fóra do Pont-Up Store:

    Así o vivimos

    1 / 8
    Brais e Eva no stand de nosDeu, listos para a primeira conversa do día.