O acompañamento
O acompañamento
En nosDeu entendemos o acompañamento como a forma de construír relacións a longo prazo. Sabemos que as organizacións evolucinoan co tempo e nós tamén queremos facelo xunto a elas. Non buscamos resolver unha necesidade puntual e desaparecer. Interésanos comprender o contexto, compartir decisións e construír capacidades que permanezan dentro do equipo e axuden a avanzar.
Acompañar non consiste en estar sempre presentes, senón en achegar o contexto, a experiencia e o criterio necesarios para que cada organización gañe autonomía. Se co tempo dependedes menos de nós e máis do coñecemento que desenvolvestes como equipo, sentiremos que fixemos ben o noso traballo.
Adaptarse a cada momento
Acompañar tamén consiste en saber identificar o momento que vive cada organización. Non todas necesitan o mesmo nin ao mesmo tempo.
O noso traballo é entender onde podemos achegar máis valor en cada etapa. Ás veces será resolver un problema concreto. Outras, axudar a tomar decisións, compartir coñecemento ou preparar o seguinte paso.
Do mesmo modo que evolucionan a tecnoloxía, os negocios ou as formas de traballar, tamén evoluciona a nosa maneira de acompañar.
As relacións tamén maduran
Ao principio adoitamos falar de ferramentas, implementacións ou da fiabilidade dos datos. Co tempo coñecemos mellor o negocio, entendemos como traballa o equipo e compartimos o contexto desde o que se toman as decisións.
Esa continuidade cambia a forma de traballar, gañamos confianza, dedicamos menos tempo a explicar o pasado e máis a pensar no que vén despois.
As mellores decisións adoitan ser acumulativas. Moitas apenas chama a atención cando se toman, pero co paso do tempo rematan converténdose na base sobre a que resulta máis doado construír todo o demais.
Constrúir autonomía
O coñecemento só xera valor cando permanece e medra dentro da organización.
Documentamos as decisións sen recorrer á burocracia, explicamos o porqué das solucións e compartimos o contexto co que traballamos. Queremos que o equipo entenda que se fixo, por que se fixo e como pode seguir construíndo sobre iso.
Entendemos o acompañamento como unha forma de facer medrar o coñecemento dentro da organización. Canto mellor compendades o voso propio ecosistema, máis interesantes serán as conversas e maiores os retos que poderemos abordar xuntos.
Se despois de traballar xuntos a organización comprende mellor o seu ecosistema e cada conversa comeza cunha pregunta mellor que a anterior, saberemos que imos polo bo camiño.
Como o levamos á práctica
Cada organización necesita unha forma distinta de acompañamento segundo o seu momento, os seus retos e a capacidade dispoñible dentro do equipo.
Nalgúns casos, o obxectivo será protexer e manter o que xa funciona. Noutros, evolucionalo de forma continua, acelerar determinados proxectos ou incorporarnos como unha extensión habitual do equipo.
Definimos distintos plans de acompañamento (/nosotros/como-trabajamos/planes-de-acompanamiento) que comparten a mesma forma de traballar, pero cambian en a capacidade reservada, a frecuencia de colaboración e o grao de implicación que asumimos en cada momento.