A nosa crónica
Tarugo 2026: intelixencia artificial, criterio e comunidade
Escrito por &
Unha semana despois, a Tarugo segue moi presente.
Intelixencia artificial, cos pés na terra
Este ano todo xirou arredor da intelixencia artificial. Sen artificios, cos pés na terra e a mirada posta no futuro. Con optimismo, pero lembrando que entre tantos modelos, axentes e automatizacións, o criterio e a responsabilidade seguen sendo cousa de persoas. E que o importante segue sendo algo tan básico como entender o negocio.
E falando de negocio, estes días varias persoas preguntáronnos se nos compensaba ir á Tarugo. Non tivemos que pensalo moito: por suposto! Aínda que hai retornos que precisan tempo e non todos aparecen nun Excel.
Hai un lema da Tarugo que nos gusta especialmente practicar: Do ut des, dar para recibir. Algo que encaixa moito coa nosa forma de entender a comunidade e as relacións.
Grazas por seguir facendo comunidade
Mención especial a Juan Carlos Vez Vázquez, que non se cansa de presentarnos xente e falar ben do proxecto. Unha auténtica sorte!
E mil grazas a toda a organización, por proximidade a David Bonilla Fuertes e a Candela Peña, por seguir facendo posible esta bonita loucura.
Longa vida á Tarugo e ao todo é posible! 🐮