A nosa crónica
MeasureCamp Madrid 2026: a mellor época da medición está por chegar
Escrito por &
O sábado 24 de outubro estivemos no MeasureCamp Spain - Madrid 2026, achegando o noso gran de area como patrocinadores, pero sobre todo facendo comunidade. E si: para nós tamén era a primeira vez como patrocinadores, unha desas que non se esquecen.
A mellor época da medición está por chegar
Eva e Brais animáronse a compartir algo no que cremos firmemente: o mellor da medición aínda está por chegar. Levamos anos xogando ao gato e ao rato para recuperar os datos que deixamos de medir, pero quizais a oportunidade estea nos que xa temos. Coa chegada da IA, temos por diante unha ocasión enorme para darlle unha volta á nosa profesión e achegar máis valor ca nunca.
Non houbo efecto wow, xa o avisamos. Houbo sala chea, algunha risa, moita xente de pé e bastantes preguntas ao rematar.
A charla completa está aquí: La mejor época de la medición está por llegar (en castelán). Podes vela diapositiva a diapositiva e levala contigo.
A primeira vez nunca se esquece
Como patrocinadores, facíanos especial ilusión premiar a quen daba a súa primeira charla nun MeasureCamp. Subir por primeira vez a contar algo diante da comunidade ten moito mérito, e queriamos que se notase.
Os premios ás dúas mellores charlas de quen se estreaba foron para Rodrigo Tanco e Michal Birčiak. Parabéns aos dous e a todas as persoas que se lanzaron!
Comunidade, comunidade e comunidade
Reencontrámonos con moitísima xente e gozamos de boas conversas, puntos de vista diferentes e moitas ganas de compartir e seguir aprendendo. Tamén nos sumamos á terceira edición da DatolaterapIA: Tú sí que vales, a dinámica de Datola, porque a mellor terapia segue a ser xuntarse e compartir.
Cambiarán as ferramentas, as modas e ata a nosa profesión, pero isto, agora e sempre, vai de persoas.
Grazas
Parabéns e grazas a toda a organización polo traballazo e por seguir facendo posibles estes encontros. E grazas tamén a todas as persoas coas que puidemos compartir un anaco e que preguntaron polo proxecto. Se quedaches con ganas de seguir a conversa, escríbenos.
Longa vida aos MeasureCamp e á comunidade!