a nosa crónica
De Pontevedra a Múnic e Santiago: pechamos a semana no nosday
Rematamos unha semana intensa, pero desas que deixan bo corpo. Comezou en Pont-up Store en Pontevedra, pasou polo Analytics Pionner Summit de Múnich e rematou en Santiago de Compostela, no nosday, o evento máis riquiño do ecosistema tecnolóxico galego.
Unha xornada para escoitar e compartir
Hubo moita enerxía, charlas e conversacións interesantes. Tamén momentos de confesionario para escoitar de primeira man algúns deses tropezos, problemas e aprendizaxes que forman parte de calquera aventura empresarial.
Quédamosnos coas ideas compartidas, os encontros entre charla e charla e esa forma tan achegada de construír comunidade.
Vémonos no décimo aniversario
Grazas a toda a organización e a Startup Galicia por seguir apostando por estes espazos e impulsalos.
Nós xa temos a entrada para o décimo aniversario. Agora toca volver á vida remota, ordenar ideas e seguir rumiando.