Aproveitamos o noso paso pola SUPERWEEK, o noso primeiro evento internacional, para saír do de sempre e mergullarnos nunha forma distinta de vivir a analítica: máis pausada, máis próxima e moito máis humana.
Durante varios días compartimos conversas, aprendizaxes e experiencias con profesionais de todo o mundo, nunha contorna onde o networking non é unha pausa entre charlas, senón parte central do que acontece.
Ademais, Eva participou nunha charla sobre a importancia de asistir a conferencias, poñendo en valor algo que ás veces esquecemos: que saír, escoitar e conectar tamén forma parte do traballo.
Ir a eventos non vai só de contido. Vai de ampliar perspectiva, de cuestionar o que dás por feito e de volver con ideas que non terías tido diante dunha pantalla.
Desas viaxes que te remexen o xusto para seguir crecendo. ---FILE END---



