Aproveitamos a nosa estancia na Superweek Analytics Summit para lembrar algo que as veces se nos esquece: ir a eventos importa e achega.
Si, existe un custo económico e tamén un custo familiar. Pero para nós é, ademais, unha forma consciente de romper a rutina do remoto e saír do piloto automático.
Os eventos van de saír da cova, ampliar perspectiva e volver a casa con novas ideas. Van de escoitar matices que non caben nunha slide. De conectar puntos que antes non estaban conectados.
Van de reencontrarse coa xente, desvirtualizar e coñecer a outra nova. De conversas que, de repente, che desbloquean un problema que levabas semanas arrastrando.
Ao final, as charlas están en YouTube. O contacto humano, non.



