IA con sentidiño

    IA con sentidiño

    Non somos AI first. Somos de IA con sentidiño.

    A IA debe axudarnos a pensar mellor, non a deixar de pensar. Pode permitirnos avanzar máis rápido, pero o criterio e a calidade seguen dependendo de nós. Os datos, o contexto e as persoas seguen sendo máis importantes que calquera tecnoloxía.

    Entender o problema antes de escoller a ferramenta

    Usar IA non consiste en probar todas as ferramentas que aparecen cada semana. Consiste en entender que problemas paga a pena resolver e cando a tecnoloxía achega valor. Ás veces a resposta será IA; outras, ordenar os datos, cambiar un proceso ou ter unha conversa pendente.

    Delegar tarefas pode ter sentido, pero delegar criterio, non. Queremos que cada interacción cunha máquina nos axude a aprender e decidir mellor: seguir sendo nativos da incerteza.

    Se estás pensando como encaixa a IA na túa organización, podemos comezar por escoitarte e entender ese contexto.