Rumiando sobre... Facer comunidade
Que significa realmente facer comunidade? Abonda con estar presente ou hai que implicarse?
Este ano percorremos uns cantos quilómetros, participamos en numerosos eventos, coñecemos moita xente e compartimos experiencias que nos fixeron descubrir outras formas de ver as cousas.
En nosDeu cremos que facer comunidade forma parte da nosa maneira de entender o que facemos. Pero tamén nos preguntamos como se constrúe, que nos achega e que podemos achegar nós.
Neste novo episodio de Rumiando sobre... compartimos a nosa reflexión sobre as distintas maneiras de facer comunidade, dentro e fóra do ámbito profesional.
E ti, como fas comunidade?



