Participamos como poñentes na LareiraConf coa dinámica ⁉️ Dato ou relato: quen mata a quen?, levando ao escenario algo que nos apaixoa: falar de datos, de erros e de como moitas veces a información pode usarse para informar… ou para construír xusto o relato que alguén quere contar.
Durante a sesión xogamos con gráficos manipulados, escalas enganosas, titulares nesgados e exemplos reais para abrir conversa, debater e cuestionar como consumimos datos no día a día. Unha mestura de divulgación, humor e pensamento crítico que gozamos moitísimo compartindo coa comunidade.
Para nós este tipo de espazos son importantes porque cremos profundamente en compartir coñecemento, en facer que os datos sexan algo máis próximo, entendible e humano, e no valor da comunidade. Moitas das cousas máis bonitas que nos pasaron profesionalmente naceron precisamente así: arredor de conversas, eventos e xente con ganas de aprender e construír xuntas.



