Pechamos 2025 cunha desas noticias que nos fai especial ilusión compartir. Brais aparece no Paid Media Collective Global Leaderboard, unha iniciativa impulsada por Yoann Ferrand que pon o foco en algo que nos importa moito: a contribución á comunidade.
Brais aparece en dous ránking distintos. Por un lado, no piar de Measurement & Privacy, recoñecendo o traballo constante arredor da analítica dixital e a medición. E por outro, no Top 10 Elite, onde se destaca ás persoas que máis achegas de alto impacto compartiron ao longo do ano.
Algo interesante deste leaderboard é o seu enfoque. Non premia a popularidade nin o volume de publicacións, senón a consistencia, a claridade e a experiencia aplicada ao mundo real. Achegas que axudan a outros profesionais a entender que está cambiando, que importa de verdade e como adaptarse.
Para nosDeu, este recoñecemento conecta moito con como entendemos o traballo: compartir coñecemento útil, coidar as bases e construír comunidade desde o práctico e o honesto.



