Would you like to view this site in English?
    Acompañar sen crear dependencia

    Acompañar sen crear dependencia

    17 de agosto de 2026

    En nosDeu somos moi de acompañar.

    Gústanos construír relacións a longo prazo porque cremos que para traballar ben con datos fai falla algo máis ca coñecer as ferramentas. Fai falla entender o contexto, o negocio, as persoas e tamén todo o que pasou antes para chegar ata aquí, mais tamén entender ata onde se quere chegar.

    Co tempo as organizacións cambian, os equipos maduran e as necesidades deixan de ser as mesmas. Por iso entendemos o acompañamento como algo que tamén ten que evolucionar: ás veces toca resolver, outras executar, outras axudar a decidir e moitas simplemente compartir experiencia e criterio.

    Mais hai outra parte que para nós é igual de importante: acompañar non debería xerar dependencia.

    Intentamos explicar o porquê das decisións, compartir coñecemento e conseguir que ese coñecemento se quede dentro. Que o equipo gañe criterio propio e autonomía e que, co tempo, incluso poida necesitarnos menos para algunhas cousas.

    Pode que non sexa a forma de traballar que mellor escala. Mais é humana e cremos moito nela.

    Para levar esta forma de traballar á práctica creamos distintos plans de acompañamento, dende protexer e coidar o que xa existe ata integrarnos como unha parte máis do día a día do equipo.

    Non hai un percorrido obrigatorio nin aspiramos a que todo o mundo chegue ao nivel de maior implicación. A idea é bastante máis sinxela: estar onde poidamos achegar máis valor en cada momento e evolucionar xuntos cando ese momento cambie.