Aínda nos quedan algúns trámites para estar operativos ao 100% e poder emitir esa primeira factura, pero estamos moi preto.
O lado ruín da burocracia coñecémolo todos. No noso caso, tamén está tendo unha parte boa: obríganos a sentar, ordenar e discutir as ideas. E si, ás veces a facer 400 km para ir buscar un papel, pero, de paso, xuntámonos, comemos e charlamos.
Mentres tanto, imos pechando os primeiros proxectos e cruzando os dedos coas primeiras propostas.
Pascendo, pacientes, que temos moitos datos que rumiar. 🐮
Detrás deste paso está por que eliximos ser cooperativa. Os seguintes fitos seguímolos contando na nosa historia.



