Conseguimos a certificación IEBT

    Conseguimos a certificación IEBT

    Conseguimos a certificación como Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT), un recoñecemento que nos fai especial ilusión porque valida o carácter innovador de nosDeu e a forma na que estamos a construír o proxecto.

    Para nós, a intelixencia artificial non vai de engadir unha capa brillante enriba de calquera proceso. Vai de integrala con sentidiño e alimentala con datos fiables, ben definidos e conectados coa realidade de cada organización.

    Por iso seguimos apostando por unha base que cremos imprescindible: unificar datos, mellorar a súa calidade, traballar con criterios comúns, avanzar na estandardización e interoperabilidade dixital, e construír desde aí solucións que realmente axuden a decidir, automatizar e mellorar procesos.

    Esta certificación dános impulso para seguir desenvolvendo unha maneira propia de acompañar a empresas e organizacións, e para seguir apostando por unha tecnoloxía útil, próxima e con impacto real.

    Contamos máis sobre ese criterio na nosa forma de entender a intelixencia artificial: partir do problema, coidar os datos e construír solucións útiles.