Brais falando do presente e do futuro do sector

    Brais falando do presente e do futuro do sector

    Este ano Brais gravou un vídeo para compartir coa comunidade. Unha iniciativa feita por Enrico Pavan na que cinco referentes do sector comentan eses medos e esa esperanza sobre o que vén.

    Brais centrou a mensaxe:

    • O ruído e os titulares do tipo: "morte da analítica", "morte da web"...
    • A importancia de seguir coidando as bases.
    • E como a Intelixencia Artificial está a cambiar a forma na que consultamos os datos.

    Para o 2026, Brais agarda:

    • O crecemento da analítica conversacional.
    • A necesidade de reducir workslop.

    Ligazón á publicación de LinkedIn

    Seguimos desenvolvendo esta reflexión sobre o workslop e o criterio propio en Nativos da incerteza, a nosa forma de entender a IA con sentidiño.