A nosa crónica
TRGCON 25: as nosas primeiras chapas de nosDeu
23–25 outubro 2025Madrid · España
Fomos á TRGCON 25 coa camiseta de Datola, pero para nós foi o primeiro evento oficial de nosDeu. Estivemos xuntos en Madrid, comezamos a contar o proxecto e repartimos as primeiras chapas.
Comezar a dicilo en voz alta
Presentar nosDeu foi parte daquela visita, entre saúdos, apertas e reencontros coa comunidade. Unha forma moi nosa de comezar a compartir o que estabamos construíndo.
Ese camiño ten máis contexto en como empezou todo.