A nosa vaca
Escrito por &
De meme a identidade de marca
O da vaca naceu como un meme.
Un adhesivo de WhatsApp, unha broma que nos facían os amigos...
Comezamos a xogar con ela, a poñerlle frases, a usala.
E, sen darnos conta, converteuse no noso lazo común, un símbolo de identidade, conexión e un símil coa nosa historia familiar.
Comezounos a molar.
Servía como chiscadela á comunidade, ao rural, e ademais, sexamos sinceros, toda empresa que mola ten unha mascota. Para nós hai poucos animais que evoquen tanto como unha vaca.
O noso primeiro merchan
De aí tamén xurdiron as primeiras frases internas, os primeiros gags. Algunhas xa convertidas no primeiro merchan:
Pénsase e datos.
Muuuitos silos que romper.
Muuuitos datos que rumiar.
Tomámonos en serio o que facemos, pero tamén nos gusta rirnos de nós mesmos. Represéntanos porque, como ela, rumiamos antes de actuar. Ás veces nos mandamos a pacer, e outras, simplemente disfrutamos pacendo.
Se precisas usar a nosa identidade, tes os recursos de marca. E seguimos dándolle sentido a iso de rumiar en Rumiando sobre…, a nosa serie de conversas sobre datos, procesos e IA.