Para profesionais do dato e equipos que queren desbloquear dúbidas, incorporar IA ao seu traballo e seguir medrando. Con Eva e Brais, sobre os teus propios retos.
Sesións individuais ou co teu equipo para resolver dúbidas de analítica, datos e IA. Revisamos casos reais, explicamos as decisións e axudámosche a seguir pola túa conta.
Aprendes resolvendo, cunha segunda mirada cando a necesitas.
Para quen contrata e quen busca o seu seguinte paso
Selección e desenvolvemento profesional
Axudamos a equipos a definir perfís de datos e IA, deseñar probas e preparar entrevistas que avalíen criterio. Se buscas un cambio, traballamos contigo o teu portfolio e a preparación do proceso.
Que necesita o posto, que podes achegar e como demostralo.