Que significa nosDeu

Que significa nosDeu

Buscando o nome perfecto

Partindo da base de que todos os nomes molóns xa están pillados, e de que non existe un nome perfecto, empezamos por aceptar a realidade: esa mesma que, como fillos, nos fai renegar algún día do nome que nos puxeron os nosos pais e que, como pais, nos leva horas e horas discutir sen atopar o nome perfecto para os nosos fillos.

Así que, sabendo que non ía chover a gusto de todos, fomos ao práctico. Buscabamos que o nome cumprise unhas cantas cousas:

- Que fose breve. - Que estivese dispoñible en dominio .com. - Que puidese abreviarse tipo nosd.eu. - Que fose pronunciable sen dificultade por fillos, nais e avoas. - E que, polo menos na teoría, non tivese connotacións negativas.

Despois dunha longa criba, quedamos con tres opcións finalistas: Bequai, Anunai, nosDeu. Empezamos a pedir opinións, a escoitar o feedback de amigos, familiares e compañeiros.

Houbo risas, confusións e algún que outro:

non hai nada mellor?

Houbera ou non algo mellor, tras un mes dándolle voltas e valorando opcións, as coincidencias ou o destino quixeron que unha das primeiras fose tamén a elixida.

Unha noite de San Xoán

A idea do nome xurdiu unha noite máxica de San Xoán, entre o cheiro a fogueiras, sardiñas e cervexas.

E se nos chamamos nosDeu?

O nome non se decidiu esa noite, pero naceu así. Quedou flotando, e co tempo foi tomando forma ata converterse no elixido.

Naceu sen significar nada concreto: un lenzo en branco, un punto de partida aberto ao que poderiamos ir dándolle sentido e forma co tempo.

E que significa entón?

Se hai que buscarlle unha lectura, unha descomposición, quizais poidades velo así:

- O nos, de nós ("nosotros" en galego). - O deu, de dar. Aínda que sempre houbo quen o viu como algo de deuses, e tampouco nos desgusta.

Ao final, nosDeu pode ser iso: unha palabra que non di moito ata que a enches de vida.