Would you like to view this site in English?

    A nosa forma de traballar

    Escrito por &

    Remoto por convicción

    Séparannos uns 200 quilómetros, pero levamos dende a COVID traballando en remoto e funciona: creamos, debatemos, rimos e resolvemos problemas sen importar o sitio, o formato ou o lugar.

    Cando nos atopamos, desfrámolo moito. Valoramos moito a maxia de vernos sen convertelo en obriga nin rutina.

    Constuímos nosDeu cunha filosofía remota, asíncrona e deslocalizada.

    Cremos que cada persoa debería poder vivir onde queira sen renunciar ao que lle apaixoa. Cremos no talento deslocalizado como referencia, inspiración e motor para que moitos territorios sigan vivos e con vida.

    Traballamos así por convicción e non por moda.

    Asíncrono por deseño

    A nosa forma de traballar é asíncrona, flexible e autoxestionada. Cada persoa ten o seu ritmo: o importante non é cando traballas, senón que as cousas avancen e todo encaixe.

    E si, hai tarefas e reunións que requiren sincronización. Non hai problema: o sentidiño sempre por diante.

    Sabemos que o éxito de calquera proxecto depende dunha soa palabra: comunicación. É o talón de Aquiles de calquera proxecto, empresa ou relación, así que poremos o foco en coidala.

    Presencial por desfrute

    Aínda que somos remotos, o presencial impórtanos moito.

    Non cremos na oficina por obriga, pero si nos encontros con intención: a de vernos, abrazarnos, compartir e rir.

    Definimos un mínimo de xuntanzas presenciais para coidar o proxecto e a relación. E queremos aplicar o mesmo cos nosos clientes.

    Porque o remoto dános liberdade, pero o presencial recórdanos que detrás de cada decisión hai persoas.

    Escrito por &

    Última actualización: 13 julio 2026