A nosa crónica

    +Coop: poñerlle voz á nosa experiencia como cooperativa

    7 xullo 2026A Estrada · España

    O 7 de xullo participamos na Xornada +Coop, celebrada na Estrada e organizada por EspazoCoop, unha das entidades que nos acompañou durante os primeiros meses de vida de nosDeu como cooperativa.

    A xornada reuniu distintas experiencias arredor da creación de cooperativas e permitiunos compartir tamén a nosa: como chegamos ata aquí, que nos achegou este modelo e por que sentimos que encaixa coa forma de empresa que queremos construír.

    Vernos tamén ao outro lado da pantalla

    Durante o encontro puidemos ver en primicia o vídeo +COOP: Asesoramos para crear cooperativas, no que Brais participou contando parte da nosa experiencia durante o proceso de constitución.

    Podes ver a peza completa e coñecer tamén as historias doutros proxectos que formaron parte do programa.

    Contar como queremos construír nosDeu

    Participar en +Coop foi tamén unha oportunidade para explicar algo que para nós vai máis alá da forma xurídica.

    Ser cooperativa inflúe en como tomamos decisións, como repartimos responsabilidades, como compartimos coñecemento e como queremos medrar. Non entendemos este modelo unicamente como unha estrutura societaria, senón como unha parte máis do deseño de nosDeu.

    Tamén ten moito que ver con como traballamos cara a fóra: acompañar sen xerar dependencia, compartir contexto e construír relacións nas que o coñecemento non quede encerrado en quen presta o servizo.

    Contamos esta forma de entender o proxecto con máis detalle en Cooperar é unha forma de traballar e en por que somos cooperativa.

    Así o vivimos

    1 / 2
    Participantes na Xornada +Coop xunto a EspazoCoop na Estrada.