A nosa crónica

    A nosa primeira vez como nosDeu no RMC Galicia

    26 setembro 2026A Coruña · España

    Era a nosa primeira vez no RMC Galicia como nosDeu, aínda que esta cita anual leva anos formando parte do noso calendario. Volvemos á Coruña para reencontrarnos con grandes profesionais e amizades, poñernos ao día e compartir como está sendo a experiencia de emprender desde unha cooperativa do dato.

    Desta vez tamén nos tocou contalo

    Entre conversa e conversa, tamén houbo tempo para explicar en que momento estamos, que servizos cubrimos e que estamos aprendendo ao erguer nosDeu. Falar de traballo, da vida e das dúbidas reais do camiño tivo tanto valor como todo o que aconteceu sobre o escenario.

    Reencontros que xa son tradición

    RMC volveu xuntarnos con moitas persoas da comunidade de Datola. Algunhas coñecémolas hai catro ou cinco anos e, aínda que vivamos en puntas distintas de España, seguimos coincidindo entre RMC, A Datolada e algún que outro sarao.

    Para nós tamén foi especial volver vernos. Non estabamos todas e levabamos desde A Datolada sen coincidir así. Houbo tempo para medir forzas, compartir ideas, pensar ata onde podemos chegar e descubrir un novo produto que ten pinta de que o vai petar.

    Xa pensando no RMC27

    Grazas a Raiola Networks, a Álvaro Fontela e a todo o seu equipo por seguir organizando este encontro na Coruña e por apoiar o ecosistema de eventos.

    Nós xa temos a nosa entrada para o RMC27. Vémonos o ano que vén.

    Así o vivimos

    1 / 8
    RMC26, unha cita que xa forma parte do noso calendario