A nosa crónica

    EDINT Data Day: sustentabilidade e datos urbanos

    22 maio 2026A Coruña · España

    Participamos no EDINT Data Day da Coruña, un encontro arredor do Espazo de Datos para as Infraestruturas Urbanas Intelixentes e o futuro do dato urbano.

    Eva, á fronte da mesa

    Eva María González Vior moderou a conversa «Sustentabilidade real ou relato dixital? O papel dos datos», xunto a Marc Vidal e Andrés Millán. A sesión formou parte do encontro do Centro de Excelencia e Oficina do Dato da Coruña, no marco do proxecto EDINT.

    Un fito que deixamos rexistrado

    Recollemos a nosa participación en nosAbrimos. O título da mesa formula unha pregunta que tamén atravesa o noso traballo: que papel lles damos aos datos cando falamos de sustentabilidade?