A nosa crónica

    A Datolada 2026: os datos tamén fan comunidade

    8–9 maio 2026A Coruña · España

    A cuarta Datolada reuniu preto de 250 persoas na Coruña durante dous días dedicados á analítica dixital, á intelixencia artificial e á medición. Desde nosdeu participamos na organización dun encontro no que as ganas de aprender e compartir se notaban tanto nos relatorios como nas conversas entre eles.

    A Dársena e o Dataporte

    Tamén subimos ao escenario para presentar un proxecto interno de Datola: conectar a información repartida entre WordPress, MailerLite, Spotify, GA4, WhatsApp e a plataforma de entradas para entender mellor a relación de cada datolista coa comunidade.

    Compartimos como comezamos a ordenar os datos, detectar duplicados e construír unha visión conxunta da participación. Un traballo que deu lugar á Dársena, o noso back office, e ao Dataporte, un espazo no que cada datolista pode consultar a súa travesía pola comunidade e un primeiro paso cara á gamificación desa experiencia.

    Podes ver o relatorio completo para coñecer o proxecto e o proceso que hai detrás.

    Compartir tamén o proceso

    Na nosa crónica da Datolada contamos como vivimos o encontro desde dentro: os preparativos, as aprendizaxes e todo o que supón construír algo así en comunidade.

    Rematamos co cansazo de moitas horas de traballo e as emocións a flor de pel. Tamén coa alegría de contribuír a un espazo no que compartir coñecemento é unha forma de conectar.

    Viva a comunidade e Datola!

    Así o vivimos

    1 / 7
    Preto de 250 persoas reunidas na cuarta Datolada