nosDeu — Todos os cambios

MeasureCamp Spain
Fainos moita ilusión apoiar MeasureCamp Spain como patrocinadores. Un evento da comunidade de analítica dixital cun formato moi especial, onde a axenda a constrúen os propios asistentes compartindo experiencias, debates e casos reais.

Ademais de poñer o noso gran de area como patrocinadores, esperamos tamén participar con algunha dinámica ou charla.

Con IA Dixital
Este ano achegamos o noso gran de area como patrocinadores de Con IA Digital, un evento que impulsa o uso práctico da intelixencia artificial en marketing e negocios dixitais, e reúne a profesionais para compartir coñecemento e experiencias.

Analytics Pioneers Summit 2026
Desde nosDeu asistiremos ao Analytics Pioneers Summit 2026, un encontro internacional pensado para compartir ideas, retos e aprendizaxes arredor da analítica dixital, o MarTech e a evolución do sector.

Unha cita con formato unconference para compartir ideas, tendencias e aprendizaxes sobre estratexia, tecnoloxía, medición e futuro do sector, nun ambiente aberto e colaborativo.

Galicia Podcast Summit 2026
Eva participará nun coloquio no Galicia Podcast Summit, que celebra a súa cuarta edición na Coruña co foco posto na intelixencia artificial, os novos formatos e os modelos de negocio do audio dixital.

Dende a súa experiencia á fronte de La Hora de Datola, o podcast de analítica dixital e datos da comunidade Datola, compartirá como usamos o podcast para divulgar coñecemento, abrir conversas e conectar.

Conseguimos a certificación IEBT
Conseguimos a certificación como Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT), un recoñecemento que nos fai especial ilusión porque valida o carácter innovador de nosDeu e a forma na que estamos a construír o proxecto.

Para nós, a intelixencia artificial non vai de engadir unha capa brillante enriba de calquera proceso. Vai de integrala con sentidiño e alimentala con datos fiables, ben definidos e conectados coa realidade de cada organización.

Por iso seguimos apostando por unha base que cremos imprescindible: unificar datos, mellorar a súa calidade, traballar con criterios comúns, avanzar na estandardización e interoperabilidade dixital, e construír desde aí solucións que realmente axuden a decidir, automatizar e mellorar procesos.

Esta certificación dános impulso para seguir desenvolvendo unha maneira propia de acompañar a empresas e organizacións, e para seguir apostando por unha tecnoloxía útil, próxima e con impacto real.

Certificación IEBT
Conseguimos como empresa a certificación de Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT), un recoñecemento ao carácter innovador de nosDeu.
Un fito que valida o camiño que estamos a construír e nos dá impulso para seguir apostando pola integración da intelixencia artificial, a calidade, a estandarización e a interoperabilidade dos datos como bases para crear solucións útiles e con impacto.

Eva modera unha mesa sobre datos urbanos e sustentabilidade
Participamos no EDINT Data Day da Coruña, un encontro arredor do Espazo de Datos para as Infraestruturas Urbanas Intelixentes e o futuro do dato urbano.
Ademais, Eva María González Vior moderou a mesa “Sustentabilidade real ou relato dixital? O papel dos datos”, xunto a Marc Vidal e Andrés Millán.

Edint Data Day
Eva participará como moderadora na mesa
“Sostibilidade real ou relato dixital? O papel dos datos”, xunto a Marc Vidal e Andrés Millán.

A sesión forma parte do encontro organizado polo Centro de Excelencia e Oficina do Dato da Coruña (CEOD), no marco do Proxecto EDINT, unha iniciativa orientada a impulsar o ecosistema do dato urbano en España.

A Datolada demostra que os datos tamén fan comunidade
A Datolada volveu demostrar que arredor dos datos tamén se pode construír comunidade. Arredor de 250 persoas reunímonos na Coruña para falar de analítica dixital, intelixencia artificial, medición, tecnoloxía e, sobre todo, das ganas de compartir coñecemento.

Foi unha edición moi especial tamén por todo o que se xerou arredor do evento. Eva María González Vior apareceu en varios medios, como La Opinión de A Coruña e La Nueva España, compartindo a historia e o espírito de Datola; e Brais Calvo pasou pola radio no programa Lambóns Dixitais para falar de comunidade, datos e divulgación.

Ademais, presentamos un dos proxectos internos máis ilusionantes de Datola: un exercicio de unificación de datos e gamificación para entender mellor a participación das persoas que forman parte da comunidade. Podes ver o relatorio completo aquí: A Datolada 2026 - A Dársena e o Dataporte.

Durante a sesión contamos como pasamos de ter información dispersa en ferramentas como WordPress, MailerLite, Spotify, GA4, WhatsApp ou a plataforma de ticketing, a construír unha primeira capa común para ordenar eses datos, detectar duplicados, activar segmentacións e devolver á comunidade unha parte da súa propia historia.

De aí naceron A Dársena, o noso backoffice interno para xestionar e unificar datos, e o Dataporte, unha forma máis lúdica de recoñecer a participación, os contidos, as asistencias e os vínculos que se van xerando arredor de Datola.

Máis alá da tecnoloxía, o importante foi o fondo: compartir, abrir procesos, ensinar tamén o que non sae perfecto e seguir construíndo comunidade. Porque os datos, a intelixencia artificial e a automatización só teñen sentido cando axudan a conectar mellor as persoas e a coidar os proxectos que queremos que perduren.

Esta forma de entender a comunidade conecta moito co que nos move en nosDeu e con algo que repetimos moito: ir a eventos importa, porque moitas veces as mellores ideas nacen precisamente aí, entre conversas, encontros e xente con ganas de compartir.

A Datolada 2026
A cuarta edición da gran festa dos datos.
O evento de referencia en analítica e datos do mundo dixital, onde nos xuntamos para compartir, aprender e celebrar o valor da comunidade.

Saímos falando de Datola, datos e comunidade
Eva González apareceu en La Nueva España e La Opinión de A Coruña para falar de A Datolada, de datos, intelixencia artificial e desa forma tan nosa de construír comunidade arredor do coñecemento compartido.

Tamén Brais Calvo pasou por Lambóns Dixitais para seguir contando todo o que se move arredor de Datola.

Ler o artigo en La Nueva España

Ler o artigo en La Opinión de A Coruña

Dato ou relato, quen mata a quen?
Participamos como poñentes na LareiraConf coa dinámica ⁉️ Dato ou relato: quen mata a quen?, levando ao escenario algo que nos apaixoa: falar de datos, de erros e de como moitas veces a información pode usarse para informar… ou para construír xusto o relato que alguén quere contar.

Durante a sesión xogamos con gráficos manipulados, escalas enganosas, titulares nesgados e exemplos reais para abrir conversa, debater e cuestionar como consumimos datos no día a día. Unha mestura de divulgación, humor e pensamento crítico que gozamos moitísimo compartindo coa comunidade.

Para nós este tipo de espazos son importantes porque cremos profundamente en compartir coñecemento, en facer que os datos sexan algo máis próximo, entendible e humano, e no valor da comunidade. Moitas das cousas máis bonitas que nos pasaron profesionalmente naceron precisamente así: arredor de conversas, eventos e xente con ganas de aprender e construír xuntas.

Podes ler máis sobre aquela experiencia nesta publicación sobre LareiraConf: todo comeza nun bar.

Primeiro trimestre con beneficios
Pechamos o noso primeiro trimestre con beneficios, un fito importante para a etapa inicial na que se atopa o proxecto.

Actividade conxunta nun evento
Participamos como relatores na LareiraConf coa dinámica: Dato ou relato: quen mata a quen?, vestindo a camiseta de Datola, nun espazo para falar de datos, de gazapos e de como ás veces se usan para contar xusto o que alguén quere.

Unha desas experiencias que nos lembrou canto nos gusta compartir, debater e facer comunidade.

Lareira Conf 2026
O encontro tech que acende ideas e conecta comunidades.
Un evento moi especial para nós: vímolo nacer e temos unha relación moi estreita coa organización.
Este ano temos a sorte de estar como ponentes representando a Datola.

T3chFest 2026
Asistiremos ao T3chFest, un festival de tecnoloxía e comunidade onde iremos aprender, conectar co ecosistema e volver cheos de ideas para aplicar aos nosos proxectos.

O noso primeiro evento internacional: SUPERWEEK
Aproveitamos o noso paso pola SUPERWEEK, o noso primeiro evento internacional, para saír do de sempre e mergullarnos nunha forma distinta de vivir a analítica: máis pausada, máis próxima e moito máis humana.

Durante varios días compartimos conversas, aprendizaxes e experiencias con profesionais de todo o mundo, nunha contorna onde o networking non é unha pausa entre charlas, senón parte central do que acontece.

Ademais, Eva participou nunha charla sobre a importancia de asistir a conferencias, poñendo en valor algo que ás veces esquecemos: que saír, escoitar e conectar tamén forma parte do traballo.

Ir a eventos non vai só de contido. Vai de ampliar perspectiva, de cuestionar o que dás por feito e de volver con ideas que non terías tido diante dunha pantalla.

Desas viaxes que te remexen o xusto para seguir crecendo.
---FILE END---

Primeiras nóminas
Pagamos as primeiras nóminas de nosDeu, un fito pequeno en aparencia, pero enorme para nós.

Un sinal de que o proxecto comeza a sosterse, de que a cooperativa pode crear traballo real e de que o que estamos a construír tamén comeza a traducirse en estabilidade.

É posible traballar en remoto e manter a confianza?
Sepárannos uns 200 km.

E aínda que nosDeu acaba de comezar, levamos anos traballando xuntos así: a distancia, con conversacións longas, decisións compartidas e sobre todo, confianza.

Hai mil factores que fan que un proxecto funcione ou non, pero se tivésemos que quedar só cun sería como nos comunicamos. É o máis complexo de construír e o que máis sostén.

Somos dos que cremos que o talento non debería depender do código postal. Que crear, resolver e innovar é totalmente factible sen estar na mesma mesa cada día.

nosDeu nace con esa mestura: remoto para ter liberdade, asíncrono para gañar foco e presencial para fortalecer o que de verdade importa.

Porque o presencial non vai de rutina.
Vai de coidar as relacións.

Primeiro evento internacional
Fomos á SUPERWEEK, o noso primeiro evento internacional, onde aprendemos, compartimos e conectamos coa comunidade global de analítica dixital. Eva participou, ademais, nunha charla sobre a importancia de asistir a conferencias, reforzando o valor de saír, atoparse e crecer en comunidade.

Por que ir a eventos é importante?
Aproveitamos a nosa estancia na Superweek Analytics Summit para lembrar algo que as veces se nos esquece: ir a eventos importa e achega.

Si, existe un custo económico e tamén un custo familiar. Pero para nós é, ademais, unha forma consciente de romper a rutina do remoto e saír do piloto automático.

Os eventos van de saír da cova, ampliar perspectiva e volver a casa con novas ideas.
Van de escoitar matices que non caben nunha slide.
De conectar puntos que antes non estaban conectados.

Van de reencontrarse coa xente, desvirtualizar e coñecer a outra nova.
De conversas que, de repente, che desbloquean un problema que levabas semanas arrastrando.

Ao final, as charlas están en YouTube.
O contacto humano, non.

Primeira factura de nosDeu
Tras pechar a parte burocrática inicial e estar dados de alta na Seguridade Social, xa podemos emitir a nosa primeira factura. E, por casualidades bonitas, será para ese primeiro cliente co que tamén fixemos o noso primeiro orzamento conxunto.

A brindarmos para que sexa a primeira de moitas e para que esta aventura non faga máis que comezar.

Superweek 2026
Imos a un dos eventos máis potentes de analítica dixital no mundo para aprender, traer ideas, saudar a moitos amigos e conectar coa comunidade internacional.

nosDeu xa está oficialmente constituída
Aínda nos quedan algúns trámites para estar operativos ao 100% e poder emitir esa primeira factura, pero estamos moi preto.

O lado ruín da burocracia coñecémolo todos. No noso caso, tamén está tendo unha parte boa: obríganos a sentar, ordenar e discutir as ideas. E si, ás veces a facer 400 km para ir buscar un papel, pero, de paso, xuntámonos, comemos e charlamos.

Mentres tanto, imos pechando os primeiros proxectos e cruzando os dedos coas primeiras propostas.

Pascendo, pacientes, que temos moitos datos que rumiar. 🐮

Sinatura da constitución de nosDeu
Asinamos a constitución de nosDeu. O que comezou como unha idea nunha sobremesa convértese oficialmente en realidade.

Patrocinamos a primeira Bonilista de 2026
Muuito contentos de poder devolver á comunidade, esta vez en forma de patrocinio, un pouquiño de todo o que nos dá.

Como primeira acción, decidimos patrocinar a primeira Bonilista de 2026, a de propósitos, que desde hai 15 anos escribe cada domingo David Bonilla.

E xa que ía diso, aproveitamos o momento para deixar por aquí os nosos para 2026:

Resultados non negativos. No noso primeiro ano aspiramos, como mínimo, a cubrir gastos. Nada de gastar máis do que facturamos.

Evitar os divorcios. Nin entre socios, nin coas nosas parellas. Sabemos que emprender afecta a todos os ámbitos da vida.

Patrocinar a primeira Bonilista de 2027. Sería un bo sinal de que nosDeu naceu forte e con percorrido.

Oxalá os cumpramos 🤞

De momento, quédannos muitos datos que rumiar 🐮

Ligazón á newsletter:

https://us2.campaign-archive.com/?u=374c664073e1a1fa3deca53b4&id=e6cfc42ffe

Brais entre os referentes do Paid Media Collective en 2025
Pechamos 2025 cunha desas noticias que nos fai especial ilusión compartir.
Brais aparece no Paid Media Collective Global Leaderboard, unha iniciativa impulsada por Yoann Ferrand que pon o foco en algo que nos importa moito: a contribución á comunidade.

Brais aparece en dous ránking distintos. Por un lado, no piar de Measurement & Privacy, recoñecendo o traballo constante arredor da analítica dixital e a medición. E por outro, no Top 10 Elite, onde se destaca ás persoas que máis achegas de alto impacto compartiron ao longo do ano.

Algo interesante deste leaderboard é o seu enfoque. Non premia a popularidade nin o volume de publicacións, senón a consistencia, a claridade e a experiencia aplicada ao mundo real. Achegas que axudan a outros profesionais a entender que está cambiando, que importa de verdade e como adaptarse.

Para nosDeu, este recoñecemento conecta moito con como entendemos o traballo: compartir coñecemento útil, coidar as bases e construír comunidade desde o práctico e o honesto.

Podes ler a publicación completa de Yoann Ferrand e subscribirse á súa newsletter

Brais falando do presente e do futuro do sector
Este ano Brais gravou un vídeo para compartir coa comunidade. Unha iniciativa feita por Enrico Pavan na que cinco referentes do sector comentan eses medos e esa esperanza sobre o que vén.

Brais centrou a mensaxe:

O ruído e os titulares do tipo: "morte da analítica", "morte da web"...

A importancia de seguir coidando as bases.

E como a Intelixencia Artificial está a cambiar a forma na que consultamos os datos.

Para o 2026, Brais agarda:

O crecemento da analítica conversacional.

A necesidade de reducir workslop.

Ligazón á publicación de LinkedIn

A nosa forma de traballar
A nosa forma de traballar

Remoto por convicción

Séparannos uns 200 quilómetros, pero levamos dende a COVID traballando en remoto e funciona: creamos, debatemos, rimos e resolvemos problemas sen importar o sitio, o formato ou o lugar.

Cando nos atopamos, desfrámolo moito. Valoramos moito a maxia de vernos sen convertelo en obriga nin rutina.

Constuímos nosDeu cunha filosofía remota, asíncrona e deslocalizada.

Cremos que cada persoa debería poder vivir onde queira sen renunciar ao que lle apaixoa.
Cremos no talento deslocalizado como referencia, inspiración e motor para que moitos territorios sigan vivos e con vida.

Traballamos así por convicción e non por moda.

Asíncrono por deseño

A nosa forma de traballar é asíncrona, flexible e autoxestionada.
Cada persoa ten o seu ritmo: o importante non é cando traballas, senón que as cousas avancen e todo encaixe.

E si, hai tarefas e reunións que requiren sincronización. Non hai problema: o sentidiño sempre por diante.

Sabemos que o éxito de calquera proxecto depende dunha soa palabra: comunicación.
É o talón de Aquiles de calquera proxecto, empresa ou relación, así que poremos o foco en coidala.

Presencial por desfrute

Aínda que somos remotos, o presencial impórtanos moito.

Non cremos na oficina por obriga, pero si nos encontros con intención: a de vernos, abrazarnos, compartir e rir.

Definimos un mínimo de xuntanzas presenciais para coidar o proxecto e a relación.
E queremos aplicar o mesmo cos nosos clientes.

Porque o remoto dános liberdade, pero o presencial recórdanos que detrás de cada decisión hai persoas.

Entrevistan a Eva na USC
Este ano Eva volveu dar clase no Máster de Marketing da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Nesta entrevista, Eva resume, moi ben moitas das ideas nas que cremos en nosDeu.

Máis que ensinar ferramentas, o foco está en:

Baixar conceptos complexos a exemplos do día a día.

Conectar datos, negocio e persoas.

Reforzar unha idea clave: os datos sen contexto non serven de moito.

Tamén houbo espazo para falar de Intelixencia Artificial aplicada ao márketing:

A IA para quitar ruído, aforrar tarefas pesadas.

Amplificar o criterio das persoas, non para substituílo.

Achegar esta forma de entender a analítica a xente que está empezando a súa carreira en márketing é parte do que nos move:
compartir o que sabemos, construír comunidade e poñer o dato ao servizo das decisións, non ao revés.

Podes ver a publicación de Master Marketing Digital USC onde se publicou orixinalmente o vídeo.

Como medimos o éxito
Como medimos o éxito

Para nós, o éxito non son números nun Excel, pero tampouco nos imos enganar: a pasta importa.
Sen ingresos non hai negocio, non hai liberdade e sen negocio tampouco hai cambios.

O económico

A curto prazo, queremos xerar o suficiente para:

Validar que isto funciona

Pagar as facturas

Vivir mellor

En dous anos, o noso obxectivo é ter un salario similar ao que teríamos por conta allea, pero sen obsesionarnos tampouco nin cos tempos nin cos cartos. Ao final, a clave é poñelo en balanza xunto ás outras métricas.

A ambición é comedida: queremos vivir mellor que por conta allea.
Máis liberdade, máis flexibilidade, máis diversión e, por que non, mellores salarios.

O que non cabe nun Excel

O éxito non remata nos números. Para nós tamén significa:

Poder elixir con quen e en que traballar.

Sentir que o que facemos nos motiva e nos ilusiona.

Manter a liberdade para experimentar e aprender.

Non perder a amistade nin as ganas de falar do futuro.

Crear unha contorna onde a xente queira colaborar con nós.

Onde a nosa familia estea orgullosa e presente no camiño.

En definitiva, ter un negocio sostible e rendible que nos dea liberdade, nos faga felices e nos permita vivir mellor que por conta allea.
Queremos vivir o presente, estar orgullosos do pasado e mirar ao futuro coa ilusión dun neno.

Transparencia Aberta
Transparencia

En nosDeu non nos gusta gardar as cartas debaixo da mesa.
A transparencia, para nós, non é só mostrar números ou publicar un informe: é contar a historia completa, co bo e o malo, para que outras persoas poidan aprender, inspirarse e mesmo evitar os nosos erros.

Non somos expertos no build in public, e iremos aprendendo sobre a marcha, pero xa comprobamos que abrir procesos e compartir aprendizaxes aporta claridade interna e valor externo.
Cando sabes que o que fas se vai contar, pensas mellor, argumentas con máis coidado e te comprometes máis coas túas propias decisións.

Build in Public

Non chegamos a esta filosofía por casualidade.

Na comunidade Datola levamos anos facendo rendición de contas, e onde máis se nota é na organización da La Datolada onde ao finalizar o evento** mostrar os números ** converteuse en toda unha liturxia: reforza a confianza da comunidade e pon en valor o que realmente custa organizar algo.

Tamén nos inspiraron exemplos como:

O build in public de Juan Miqueo.

Os partes de guerra de Manfred.

A rendición de contas da Tarugo.

O handbook de PostHog.

O handbook de Significa.co

A transparencia radical de Buffer, que non só mostra datos, senón tamén o por que das súas decisións: Movemento pola transparencia e Por que a transparencia importa.

Os salarios e os datos en aberto de cal.com.

O movemento Open Startup.

Que significa para nós construír en público

Para nós, construír en público significa:

Contar as cousas boas e as malas, non só as bonitas.

Mostrar números, pero tamén contexto e aprendizaxes.

Abrir debates e pedir feedback, aínda que non sempre sexa cómodo.

Inspirarnos noutros e deixar que outros se inspiren en nós.

Á hora de compartir, non temos aínda claros nin a forma, nin o formato, nin a canle: iso irase vendo e madurando co tempo.

O que si temos claro é que sempre che contestaremos a calquera pregunta que teñas e que a transparencia se contaxia.
---FILE END---

O que nos move
O que nos move

En nosDeu, os nosos valores non son só palabras nunha páxina: son a forma en que tomamos decisións e nos relacionamos con quen nos rodea.
Sérvennos para aliñarnos entre nós e telos escritos facilítanos este proceso.

Sobremesas longas

As mellores ideas<ctrl62>## Espazos de aire

Cremos no valor do que bautizamos como espazos de aire: encontros, maioritariamente por videochamada, que se alongan para falar de todo menos de traballo.
Son momentos onde a axenda se aparca e a conversa se move libremente por ideas, anécdotas e reflexións persoais.

Porque para que as cousas funcionen, hai que investir tempo en crear relacións, e ese tempo é a graxa que necesita a nosa máquina social para que as cousas terminen saíndo, para que xurdan ideas de forma natural e para que se sinta o apoio cando de verdade faga falta.

Non compartimos esa visión de empresa, na que unha reunión de catro persoas durante unha hora se calcula como un simple custo de persoa por hora.
En nosDeu, ese tempo gustamos de velo como un investimento na cohesión, confianza e creatividade do equipo.
Pode que non teña un retorno inmediato en facturación, pero si o ten na calidade do traballo, as ideas que nacen e a forza do equipo.

A familia

Non se pode falar do colectivo sen falar da familia.
E "familia" non sempre significa o mesmo para todos: pode ser a túa parella, os teus fillos, a túa nai, un amigo que sempre está aí...

En nosDeu sabemos que construír algo xuntos tamén significa coidar de quen nos sosteñen fóra do traballo.
A familia, en calquera das súas formas, é ese círculo que nos dá perspectiva, apoio e sentido cando o día a día se complica.

Haberá momentos de equilibrio e momentos de caos.
Semanas nas que sobrará tempo e outras nas que non abonda para todo.

Por iso, coidar da familia é para nós un piar fundamental, tan importante que a saúde da mesma é un KPI clave á hora de ponderar o éxito.

Porque, se non somos capaces de coidar dos nosos, como imos coidar dos clientes ou dos proxectos?

Persistir

Unha retirada a tempo pode ser unha vitoria, pero a maioría das cousas importantes requiren constancia.
Sabemos que o cemiterio de ideas, blogs, podcasts e side projects que non superan os tres meses é enorme, e moitas veces non por falta de recursos, senón por falta de persistencia.

Persistir non significa avanzar á tola: significa apoiarse na rutina e nos hábitos que nos manteñen en marcha mesmo nos días grises, cando a motivación non aparece.
É seguir empurrando, adaptando o rumbo cando fai falta e dándonos o tempo suficiente para descubrir se algo realmente funciona.

Queremos chegar o bastante lonxe como para poder dicir, con certeza: tentámolo. Aínda que o resultado non sexa o esperado.

Por amor á arte

Algúns dos nosos proxectos máis valiosos non naceron cun plan de negocio nin coa promesa dun retorno inmediato, senón da pura paixón por facer algo que nos importaba.
Foron esas ideas sen expectativas, feitas por amor á arte, as que, co tempo, nos regalaron as aprendizaxes, as conexións e as oportunidades máis inesperadas.

Un deses proxectos, Datola, é quizais a semente de que hoxe exista nosDeu. E máis alá desta propia existencia, seguímolo coidando porque é un bo recordatorio de que non todo o valioso se mide en euros.

Porque, se só fixeramos o que ten un retorno claro, cantas historias incribles estariamos perdendo?

A comunidade Datola

A comunidade Datola é unha das nosas raíces máis profundas.
En nosDeu temos moi claro que vai moito máis alá das persoas que forman parte do equipo organizador, sexan Brais, Eva ou calquera outra.
Pertence a todas as persoas que a fixeron crecer co seu tempo, o seu coñecemento e a súa enerxía.

Non a usaremos como ferramenta comercial nin poremos en risco a súa sustentabilidade por intereses propios.

Son dous proxectos distintos, unidos pola filosofía do colectivo e polas persoas que cren que compartir fai que todos avancemos.

As relacións e o humano

Nacemos en tempos da intelixencia artificial, da automatización e de revolucións tecnolóxicas que avanzan a un ritmo vertixinoso.
Pero temos claro que o futuro só será mellor se pon ás persoas no centro, se a tecnoloxía potencia o humano en lugar de desprazalo.

E como dicía aquela newsletter de Datola:

A boa IA non substitúe: sostén.
Non arrefría: amplifica.
O humano non se automatiza, poténciase.

As relacións son a base de calquera proxecto.
Non se constrúen só en reunións de traballo, senón nas conversas fóra de guion, nas risas compartidas, nos xestos pequenos e no apoio mutuo cando as cousas se complican.

Cremos que as ferramentas poden facer moito, pero son as persoas as que marcan a diferenza.
Investir tempo en crear e coidar relacións non é opcional para nós: é a base que nos permite que as ideas crezan, que os proxectos sobrevivan e que o traballo teña sentido.

Porque, por moi brillante que sexa unha estratexia, sen confianza e sen vínculos humanos, as cousas non se executan, non transcenten.

Compartir é vivir

En nosDeu cremos que as ideas e o coñecemento crecen cando se comparten.
Non se trata só de publicar ou ensinar, senón de abrir procesos, mostrar aprendizaxes e recoñecer erros.

Compartir constrúe confianza, acelera a aprendizaxe e deixa pegada máis alá dun proxecto.
Non buscamos a perfección: buscamos que o que sabemos poida inspirar ou axudar a alguén, agora ou no futuro.

E se fose pouco, cremos con firmeza que o que damos, sempre volve con creces.

Fai cousas e pasan cousas

Un dos nosos mantras.

Porque cada pequeno paso abre a porta a novas conexións, aprendizaxes e oportunidades que non chegarían doutra forma.
Moverse, experimentar, probar, equivocarse e volver tentalo é a única maneira de que as cousas cambien.

Optimismo por obrigación

Días grises, chuviosos.
FOMO por todas partes.
Outra onda que pasa e non collemos.
O diñeiro que non chega, horas e horas investidas en burocracia, xente pesimista arredor...

Poderiamos seguir coa lista ata o fin dos nosos días.
Precisamente por iso, eliximos equilibralo cunha mirada optimista cara ao futuro, cara á vida e cara ao presente.

Sexa cal sexa o golpe, buscamos sempre o lado positivo, tanto no profesional como no persoal.
Non é inxenuidade, é supervivencia.

O optimismo mantennos vivos, ilusionados e con enerxía para seguir facendo cousas.

Non te esquezas de xogar

Proba cousas. Equivócate. Rompe as regras e ri un pouco das contradicións.

En nosDeu cremos que non todo ten que ser serio nin seguir un plan perfecto.
Ás veces, as mellores ideas aparecen cando te saes do guion, mesturas cousas que non encaixan do todo ou te permites facer algo porque si, porque che apetece.

Xoga coma un neno: con curiosidade, sen medo ao erro e coa liberdade de inventar as túas propias regras.
Non buscamos a rareza pola rareza, senón abrir ocos para experimentar e ver que pasa.

Porque se todo o mundo xoga coas mesmas regras, os resultados serán sempre os mesmos.

E por se fose pouco, din que é imposible competir coa xente que se divirte facendo o que fai.

Nós queremos xogar.

A nosa vaca
A nosa vaca

De meme a identidade de marca

O da vaca naceu como un meme.

Un adhesivo de WhatsApp, unha broma que nos facían os amigos...

Comezamos a xogar con ela, a poñerlle frases, a usala.

E, sen darnos conta, converteuse no noso lazo común, un símbolo de identidade, conexión e un símil coa nosa historia familiar.

Comezounos a molar.

Servía como chiscadela á comunidade, ao rural, e ademais, sexamos sinceros, toda empresa que mola ten unha mascota. Para nós hai poucos animais que evoquen tanto como unha vaca.

De aí tamén xurdiron as primeiras frases internas, os primeiros gags. Algunhas xa convertidas no primeiro merchan:

Pénsase e datos.

Muuuitos silos que romper.

Muuuitos datos que rumiar.

Tomámonos en serio o que facemos, pero tamén nos gusta rirnos de nós mesmos.
Represéntanos porque, como ela, rumiamos antes de actuar. Ás veces nos mandamos a pacer, e outras, simplemente disfrutamos pacendo.

Como empezou todo
Como empezou todo

A idea nunha sobremesa

Todo empezou como empezan moitas ideas: nunha sobremesa longa, desas sen présa, onde se fala un pouco de todo. Entre cafés, cañas, risas e algún que outro: imaxinas se…?, volvía unha e outra vez a mesma fantasía: montar unha cooperativa.

Non para traballar máis, senón para traballar mellor, ou polo menos ao noso xeito. Non para facelo sós, senón para facelo en conxunto.

O punto de inflexión

Despois de máis de dez anos colaborando en distintos proxectos e roles, acumulando aprendizaxes, pero tamén desgaste e a sensación de que as ideas podían voar máis rápido ou voar diferente, chegou o momento.

Dous feitos acenderon a chispa definitiva: o despedimento de Eva en Empathy e unha preoferta a Brais dunha recoñecida empresa de produto.

Lonxe de frearnos, esas circunstancias fíxonos reflexionar e preguntarnos: E se agora si é o momento? Esta vez, en lugar de quedarnos coa ilusión e o soño, decidimos dar o paso.

Cunhas cantas xuntanzas e reunións de por medio foi como naceu nosDeu.

A comunidade

Aínda que empezamos dous, sempre soubemos que a forza de calquera proxecto está na comunidade, nas relacións e nas conexións que se xeran.

Cremos que se ao veciño lle vai ben, a nós tamén. E canto máis saiba, mellores serán as súas preguntas e as súas respostas.

Pensamos que colectivo non significa necesariamente presencial nin local, senón conectar e colaborar máis alá das distancias físicas. Cremos na forza dos grupos que, aínda que reducidos, actúan con intención e xeran cambios reais, e máis nesta época.

Ás veces abonda cunha acción concreta para desatar ese efecto bolboreta capaz de transformar algo, un algo do que moitas veces nin sequera somos nin seremos conscientes.

Espírito colectivo do que estamos seguros que impulsa tanto á sociedade como ao propio nosDeu, e é, e será sempre, o corazón de todo o que facemos.

Por que cooperativa
Por que cooperativa

Das conversas á cooperativa

Pode resultar curioso ter que explicar isto, pero a verdade é que nolo preguntan moito.
Por que unha cooperativa? Por que non unha empresa "convencional"?

A decisión non é o resultado dun plan estratéxico, senón de moitas horas de conversa.
Tras eses primeiros anos nos que nos coñecemos, pasabamos horas falando e intentando solucionar os típicos problemas do mundo: laborais, persoais…

Ratos longos, reconfortantes e cheos de ideas. Algunhas quedaban na conversa e outras terminaban converténdose en proxectos reais, como Datola ou, agora, nosDeu.

Naquelas conversas sempre repetiamos o mesmo: outra forma de facer as cousas era posible.
Unha forma distinta de entender o traballo, o tempo, o impacto e o valor, tanto na empresa como nas nosas propias vidas.

E aí sempre había unha persoa, Antonio, que renxía por todo, debatía ata a saciedade e, cun corazón inmenso, dicíanos:

Chámase cooperativa, e é unha forma de loitar contra o capitalismo desapiadado.

Aínda que tamén nos gusta velo como di José Luis Antúnez:

O capitalismo, cando se fai ben, é o mellor dos humanismos.

Eleximos ser cooperativa porque non buscamos optimizar beneficios, senón vivir ben do noso traballo, con flexibilidade e autonomía.
Porque cremos que os proxectos funcionan mellor cando quen os fan tamén son parte deles.

Non todo o mundo ten que sentirse parte disto para traballar con nós, pero se alguén quere selo, se encaixa e comparte a forma de ver as cousas, poderá formar parte dunha forma ou outra.

Durante o camiño cara a esta decisión atopámonos con moito ceño engurrado e escoitamos bastante comentario:

Se ninguén o fai, será por algo.

Do tópico ao orgullo

E, como non, algún que outro comentario, en ton despectivo, ao asociar erroneamente cooperativismo con mundo rural:

Ides vender penso? Viño?

Todo iso reforzou aínda máis a nosa idea de seguir adiante.
Porque non queriamos lanzarnos a esta piscina para, ás primeiras de cambio, acabar facendo o mesmo contra o que predicabamos.

Igual que unha das nosas fortalezas é tender pontes e romper silos, por que non empezar tamén rompendo estereotipos e prexuízos?

E sobre todo sentir moito orgullo do rural **que é **onde nacemos, criamos e vivimos.

Desa rin-tin-tín naceu unha forma de diferenciarnos, que nos representa e da que nos sentimos orgullosos.

Oxalá que, incluso quen nunca traballen con nós, se acorden de nosDeu por algo disto: polo de cooperativa, polo rural, por construír comunidade ou simplemente por intentar facer as cousas doutra maneira.
Pero, ao fin e ao cabo, un quere que se acorden.

Que significa nosDeu
Que significa nosDeu

Buscando o nome perfecto

Partindo da base de que todos os nomes molóns xa están pillados, e de que non existe un nome perfecto, empezamos por aceptar a realidade: esa mesma que, como fillos, nos fai renegar algún día do nome que nos puxeron os nosos pais e que, como pais, nos leva horas e horas discutir sen atopar o nome perfecto para os nosos fillos.

Así que, sabendo que non ía chover a gusto de todos, fomos ao práctico. Buscabamos que o nome cumprise unhas cantas cousas:

Que fose breve.

Que estivese dispoñible en dominio .com.

Que puidese abreviarse tipo nosd.eu.

Que fose pronunciable sen dificultade por fillos, nais e avoas.

E que, polo menos na teoría, non tivese connotacións negativas.

Despois dunha longa criba, quedamos con tres opcións finalistas: Bequai, Anunai, nosDeu.
Empezamos a pedir opinións, a escoitar o feedback de amigos, familiares e compañeiros.

Houbo risas, confusións e algún que outro:

non hai nada mellor?

Houbera ou non algo mellor, tras un mes dándolle voltas e valorando opcións, as coincidencias ou o destino quixeron que unha das primeiras fose tamén a elixida.

Unha noite de San Xoán

A idea do nome xurdiu unha noite máxica de San Xoán, entre o cheiro a fogueiras, sardiñas e cervexas.

E se nos chamamos nosDeu?

O nome non se decidiu esa noite, pero naceu así.
Quedou flotando, e co tempo foi tomando forma ata converterse no elixido.

Naceu sen significar nada concreto: un lenzo en branco, un punto de partida aberto ao que poderiamos ir dándolle sentido e forma co tempo.

E que significa entón?

Se hai que buscarlle unha lectura, unha descomposición, quizais poidades velo así:

O nos, de nós ("nosotros" en galego).

O deu, de dar. Aínda que sempre houbo quen o viu como algo de deuses, e tampouco nos desgusta.

Ao final, nosDeu pode ser iso: unha palabra que non di moito ata que a enches de vida.

NIF provisional da cooperativa
Chega o NIF provisional de nosDeu. O proxecto pasa das notas, a ilusión, os soños a existir tamén en Facenda. Un paso máis cara a ser cooperativa con todos os efectos.

Con IA Digital
Asistimos al ConIA Digital de IKAUE para ver todas las novedades de la inteligencia artificial aplicada al marketing, pero sobre todo para saludar a muchos grandes amigos.

TRGCON 25
Asistimos a Tarugo con la camiseta de Datola, pero para nosotros fue el primer evento oficial de nosDeu: fuimos juntos, empezamos a contar el proyecto y repartir las primeras chapas.

Una maravilla poder saludar, abrazar y conectar con la comunidad en uno de los eventos más awesómicos que conocemos.

nosday 2025
Estuvimos y disfrutamos del NosDay en Santiago de Compostela donde conectamos con el emprendimiento y tecnología en un ambiente cercano, acogedor y honesto.

RMC Galicia
Estuvimos en el Raiola Marketing Conference en A Coruña para ver las tendencias de marketing y SEO. Aprovechamos para saludar a mucha cara conocida.

Lanzamos nosGuía
Eva fai oficial o lanzamento de nosGuía nas redes. Un espazo para acompañar, explicar e ensinar con calma. A primeira engrenaxe de nosDeu comeza a rodar.

O noso primeiro orzamento aceptado
Dobre fito: solicítase a negativa do nome nosDeu no rexistro de cooperativas e aceptan o noso primeiro orzamento conxunto.

Decidimos ser cooperativa
Despois de moitas conversas, dúbidas compartidas e bastante reflexión, tomamos unha decisión: nosDeu será unha cooperativa.

Foi a forma que mellor encaixaba con como entendemos o traballo, as relacións e o proxecto que queremos construír.

E para empezar a facelo realidade, tivemos a primeira reunión con Espazo Coop, que nos acompañarán e axudarán en todo o proceso de constitución.

Escollemos o nome de nosDeu
Despois de máis dun mes enteiro buscando o nome perfecto, debatendo opcións e pedindo opinións a amigos e familiares, o 31 de xullo pechamos esta etapa e compramos o dominio nosDeu.

Aí o proxecto deixou de ser unha idea solta e pasou a ter nome propio: nosDeu.

A semente: decidimos montar algo xuntos
Eva dille a Brais que quere montar algo. Nada pechado, todo por falar. Ela vao como un experimento; el, como o comezo de algo grande. Primeira semente de nosDeu.