A cooperación é tamén unha forma de dicir como queremos traballar
En nosDeu tiñamos claro desde o principio que non só importaba o que queríamos facer, senón tamén como queríamos facelo.
Queríamos construír un proxecto onde as decisións se compartisen, as persoas estivesen no centro e o equipo remase na mesma dirección. Por iso eliximos ser cooperativa: non era a opción máis sinxela, pero si a que mellor representaba a forma de traballar que queríamos construír (/nosotros/cultura/por-que-cooperativa).
Dende principios deste ano formamos parte do cooperativismo galego e tiñamos ganas de implicarnos desde o primeiro momento. Por eso participamos na celebración do Día do Cooperativismo Galego 2026, nas Bodegas de Martín Códax, e tamén nos achegamos ás Xornadas +COOP Creamos Cooperativas, organizadas por EspazoCoop, que nos acompañou durante estes meses.
Ademais, Brais participou no vídeo do programa +COOP: Asesoramos para crear cooperativas, unha peza que recolle distintas experiencias arredor do cooperativismo e doutra forma de emprender.
Para nós, formar parte deste movemento conecta moito con o que nos move (/nosotros/cultura/lo-que-nos-mueve): compartir decisións, coidar os ritmos, construír con autonomía e demostrar que se pode facer empresa dun xeito diferente.