Acompañar sen crear dependencia

En nosDeu somos moi de acompañar.

Gústanos construír relacións a longo prazo porque cremos que para traballar ben con datos fai falla algo máis ca coñecer as ferramentas. Fai falla entender o contexto, o negocio, as persoas e tamén todo o que pasou antes para chegar ata aquí, mais tamén entender ata onde se quere chegar.

Co tempo as organizacións cambian, os equipos maduran e as necesidades deixan de ser as mesmas. Por iso entendemos o acompañamento (https://nosdeu.com/nosotros/como-trabajamos/el-acompanamiento) como algo que tamén ten que evolucionar: ás veces toca resolver, outras executar, outras axudar a decidir e moitas simplemente compartir experiencia e criterio.

Mais hai outra parte que para nós é igual de importante: acompañar non debería xerar dependencia.

Intentamos explicar o porquê das decisións, compartir coñecemento e conseguir que ese coñecemento se quede dentro. Que o equipo gañe criterio propio e autonomía e que, co tempo, incluso poida necesitarnos menos para algunhas cousas.

Pode que non sexa a forma de traballar que mellor escala. Mais é humana e cremos moito nela.

Para levar esta forma de traballar á práctica creamos distintos plans de acompañamento (https://nosdeu.com/nosotros/como-trabajamos/planes-de-acompanamiento), dende protexer e coidar o que xa existe ata integrarnos como unha parte máis do día a día do equipo.

Non hai un percorrido obrigatorio nin aspiramos a que todo o mundo chegue ao nivel de maior implicación. A idea é bastante máis sinxela: estar onde poidamos achegar máis valor en cada momento e evolucionar xuntos cando ese momento cambie.