Como empezou todo

Como empezou todo

A idea nunha sobremesa

Todo empezou como empezan moitas ideas: nunha sobremesa longa, desas sen présa, onde se fala un pouco de todo. Entre cafés, cañas, risas e algún que outro: imaxinas se…?, volvía unha e outra vez a mesma fantasía: montar unha cooperativa (/nosotros/quienes-somos/por-que-cooperativa).

Non para traballar máis, senón para traballar mellor, ou polo menos ao noso xeito. Non para facelo sós, senón para facelo en conxunto.

O punto de inflexión

Despois de máis de dez anos colaborando en distintos proxectos e roles, acumulando aprendizaxes, pero tamén desgaste e a sensación de que as ideas podían voar máis rápido ou voar diferente, chegou o momento.

Dous feitos acenderon a chispa definitiva: o despedimento de Eva en Empathy e unha preoferta a Brais dunha recoñecida empresa de produto.

Lonxe de frearnos, esas circunstancias fíxonos reflexionar e preguntarnos: E se agora si é o momento? Esta vez, en lugar de quedarnos coa ilusión e o soño, decidimos dar o paso.

Cunhas cantas xuntanzas e reunións de por medio foi como naceu nosDeu.

A comunidade

Aínda que empezamos dous, sempre soubemos que a forza de calquera proxecto está na comunidade, nas relacións e nas conexións que se xeran.

Cremos que se ao veciño lle vai ben, a nós tamén. E canto máis saiba, mellores serán as súas preguntas e as súas respostas.

Pensamos que colectivo non significa necesariamente presencial nin local (/nosotros/cultura/como-trabajamos), senón conectar e colaborar máis alá das distancias físicas. Cremos na forza dos grupos que, aínda que reducidos, actúan con intención e xeran cambios reais, e máis nesta época.

Ás veces abonda cunha acción concreta para desatar ese efecto bolboreta capaz de transformar algo, un algo do que moitas veces nin sequera somos nin seremos conscientes.

Espírito colectivo do que estamos seguros que impulsa tanto á sociedade como ao propio nosDeu, e é, e será sempre, o corazón de todo o que facemos.