Nativos da incerteza
Nativos da incerteza
Creamos nosDeu nun momento no que case todo parece estar en revisión. A intelixencia artificial está a cambiar a forma de traballar, crear, decidir e resolver problemas. Moitas tarefas que ata hai pouco parecían complexas estanse a democratizar, e outras, que aínda non sabemos nomear ou imaxinar, aparecerán polo camiño.
Unha das razóns para intentalo foi precisamente a necesidade de construír un proxecto con liberdade de movemento, capaz de aprender rápido, adaptarse e seguir achegando aínda que cambien as ferramentas, os formatos ou a maneira de traballar.
Hoxe é a intelixencia artificial, pero mañá será outra cousa. A necesidade de resolver problemas seguirá aí, e o que queremos coidar é a capacidade de entender, probar, reaprender e construír solucións útiles sen quedarmos atrapados nunha única forma de mirar o mundo.
Gústamos mirar o presente e imaxinar o futuro con curiosidade. Desde o optimismo é máis fácil aprender, experimentar, xogar, equivocarnos e construír solucións que teñan un impacto positivo na sociedade. Non porque ignoremos os riscos, senón porque mirar o futuro só desde a ameaza reduce a nosa capacidade de actuar.
IA con sentidiño
Poderíamos ternos subido ao carro de dicir que somos AI first, pero realmente o que nos gusta ser é de IA con sentidiño.
A intelixencia artificial, ou calquera novo paradigma tecnolóxico, non pode ser a resposta automática para calquera pregunta ou problema. Pode acelerar moito e precisamente por iso, convén usala con calma: saber cando achega, cando estorba, cando automatizar, cando revisar e cando deixar que unha persoa mire algo con máis contexto.
Tamén convén lembrar algo incómoo: xerar non é rematar. Se usamos a IA para enviar sen ler, sen entender e sen traballar, só estaremos contribuíndo ao que en Datola chamamos a mofificación dos entregables (https://datola.es/newsletter/la-mierdificacion-de-los-entregables/), ou workslop.
Para nosDeu, o sentidiño está en non confundir velocidade e brilli brilli co valor. En usar a IA para coidar mellor os procesos, ampliar o nosso criterio e construír solucións que acheguen de verdade.
Reaprender
O que hoxe vale, mañá igual non.
Sempre foi así, aínda que agora o sentimos máis preto, máis rápido e máis evidente. Por iso unha das capacidades máis importantes, e tamén máis bonitas, desta época é reaprender.
Reaprender permitenos xuntar o criterio que dá a experiencia coa curiosidade de voltar a mirar algo como se aínda non soubessemos do todo como funciona.
Non queremos defender unha forma de facer as cousas só porque foi a que aprendemos, porque nos funcionou durante anos ou porque nos dá certa seguridade. Disfrutamos cuestionando os nosos procesos, entregables, reunións, informes, ferramentas, métricas e formas de colaborar, non para vivir nunha mudanza permanente, senón para non quedar atrapadas en inercias.
Hai unha frase que nos gusta moito: "Como non sabían que era imposible, fixérono."
Recordamos que moitas veces o maior bloqueo non está na dificultade real, senón en todo o que damos por suposto antes de intentalo: nos "isto sempre se fixo así", nos "iso non se pode" ou nos "non merece a pena probalo". Non se trata de ignorar o que aprendemos nin de negar os nosos límites, senón de non convertelos nunha gaiola.
Non delegar o coñecemento
Queremos usar a intelixencia artificial sen delegar nel o coñecemento.
Interésanos que nos axude a pensar, non que pense por nós. Que nos axude a contrastar, ordenar, documentar, detectar erros, explorar camiños e construír máis rápido, pero sen perder a capacidade de entender o que estamos a facer.
Cada interacción coa máquina debería facernos un pouco máis intelixentes, non un pouco máis dependentes. Debería axudaros a aprender, a decidir con máis criterio e a construír solucións que acheguen algo positivo á sociedade.
Delegar tarefas pode ter moito sentido, pero delegar criterio, non.
A IA pode ser unha compañeira enorme se seguimos coidando o importante: o contexto, a responsabilidade, a memoria, a aprendizaxe e a capacidade de facer mellores preguntas. Porque o difícil non será usar unha ferramenta nova, montar un axente ou automatizar unha tarefa. O difícil seguirá sendo entender ben que problema queremos resolver.
A veces será con IA, a veces será unha automatización, a veces será ordenar mellor os datos, cambiar un proceso, ter unha conversa pendente ou deixar de facer algo.
E en todos eses casos, a decisión seguirá sendo nosa.
A vantaxe nunca foi a ferramenta
coa intelixencia artificial, moitas vantaxes durarán pouco. Os modelos cambiarán, as interfaces cambiarán e as ferramentas que hoxe parecen máxicas mañá serán unha funcionalidade máis. O que hoxe parece diferencial por saber usar unha tecnoloxía concreta pode deixar de sero en moi pouco tempo.
A vantaxe nunca foi só exprimir a ferramenta, aínda que a veces axude. Está en todo o que permite usala con sentido: entender ben os problemas, coidar o contexto, ter datos fiables, deseñar procesos claros, evitar dependencias innecesarias e seguir reaprendendo.
Porque cando todo o mundo teña acceso a ferramentas parecidas, a diferenza estará en quen entende mellor que facer con elas, que non merece a pena facer e que problema está a intentar resolver.
Seguiremos resolvendo
A veces pensamos que os problemas son como a enerxía: nin se crean nin se destroen, transfórmanse.
Cambian as ferramentas, os formatos e as formas de traballar, pero de fondo, seguen aparecendo preguntas parecidas: que necesitamos entender, que pode facer mellor unha máquina, que necesita criterio ou mirada humana e onde podemos achegar máis valor.
O que facemos hoxe, quizais non teña sentido mañá, pero iso non nos asusta. Recórdanos que seguimos formando parte de algo vivo.
Estamos nunha época marabillosa para aprender, construír e disfrutar do camiño.
A esta vida, e a este proxecto, só lle pedimos enerxía, curiosidade e motivación en doses infinitas.
O demais irá cambiando.